22 ago. 2009

Imaxinarios sociais e política


En un interesante artículo, escrito en gallego, sobre los imaginarios Paloma Prado Pichel ha hecho una aproximación de la teoría de los imaginarios sociales a la política desde una perspectiva sistémica. En este trabajo se muestra lo siguiente:


A teoría dos imaxinarios sociais xorde no derradeiro cuarto do século XX, e serían “aqueles esquemas construídos socialmente que nos permiten percibir, explicar e intervir operativamente no que en cada sistema social se considere como realidade”. O sociólogo Juan-Luis Pintos adica gran parte da súa obra ó establecemento dos imaxinarios sociais en ámbitos concretos da sociedade galega, e afirma que “unha das características dos imaxinarios é que o seu modo de ser non é o da presencia senón o da ausencia: os imaxinarios nunca están aí, dispoñibles, patentes, observables, senón que forman parte dos supostos, aquelo «natural» (ou «naturalizado») que se supón como existente e cuxa realidade non se cuestiona” (Pintos e Galindo, 2003: 118).

A realidade producida socialmente está “constituída por elementos materiais e simbólicos, nunha mestura interactiva que só a efectos analíticos é separable” (Beltrán, 2000: 43-44). Os imaxinarios forman parte das sociedades policontexturais (termo empregado nos últimos traballos de Luhmann para referirse á complexidade sistémica da sociedade) e son entes empiricamente perceptibles só a través dunha metodoloxía determinada. Residen nas conciencias como elementos configuradores da realidade creada socialmente, como “dispositivos formais de tipo simbólico a través dos cales se constrúen as grandes representacións sociais” (Imbert, 2000: 606); pero é difícil a súa comprobación, que precisa do coñecemento do marco funcionalista sistémico. A conversión destas “opacidades” sociais en “relevancias” permitirá, na investigación en comunicación política, desentrañar procesos nun principio ocultos que forman parte da vida política e inflúen en diversas tomas de decisión tanto por parte do electorado como dos políticos.


Para leer el trabajo entero podreis pinchar aquí.

No hay comentarios: